Descripción
Conxunto de picnic composto por:
*2 pratos Ø 20 cm en madeira de faia modelo “Aire”.
* 2 cuncos de madeira de bidueiro Ø 6,5 cm e altura 5,5 cm.
* 1 mantel a raias 60 x 60 cm elaborado nun taller artesanal local.
*1 bolsa do mesmo tecido que o mantel para gardar os cuncos.
Os pratos e os cuncos están rematados cun verniz certificado para uso alimentario que facilita a súa limpeza.
O mantel péchase cun cordón de macramé (elaborado con fibras reutilizadas) rematado con botóns de madeira de magnolio para convertelo nunha práctica bolsa.
A tea (tecido de algodón e poliéster) procede de restos de almacén.
Dimensións: pechado 21 x 21 cm (altura con cordóns: 58 cm).








