Consellos de conservación

Os produtos de Atalanta foron deseñados para acompañarte durante moitos anos. Desde a selección da madeira ata o acabado das nosas elaboracións, preocupámonos por coidar a materia prima e tratala co máximo respecto para prolongar a súa vida.

Non obstante, non podemos loitar contra o efémero sós. Por iso, imos darche algúns consellos para que as nosas creacións se manteñan en perfecto estado durante moito tempo.

Nun mundo en constante cambio, a artesanía manténnos conectados coas nosas raíces.

CREBANOCES

Da Tate Modern á mesa do teu fogar. Segue estes sinxelos consellos de conservación, disfruta das delicias que nos regalan os nogais e as abeleiras cada outono e deixa que a arte flúa pola túa casa

1

Non laves este crebanoces con auga.

2

Limpa os restos de cáscaras cun pincel.

3

Pasa un pano humedecido pola rosca de xeito puntual.

4

Mantén o crebanoces afastado de fontes de calor.

PRATOS E TÁBOAS

A elegancia da madeira embellece calquera prato. Os nosos pratos e táboas, deseñados para estar en contacto diario con alimentos, axudaránche a sorprender aos teus seres queridos durante moitos anos

1

Lavar con xabón suave e esponxa.

2

Non cortar sobre a superficie para non riscar.

3

Gárdaos ben secos e nun lugar sen humidade.

4

Non deixar nunca en auga nin encima de superficies húmidas.

ROLOS E ESPÁTULAS

A hora de cociñar, é tan importante o talento do chef como a calidade e a practicidade das ferramentas coas que traballa. Coida os rodillos e espátulas de Atalanta para que sexan sempre os teus mellores aliados

1

Lavar con xabón suave e esponxa.

2

Deixalos escorrer e secar cun pano.

3

Gárdaos ben secos e nun lugar sen humidade.

4

Non deixar nunca en auga nin sobre superficies húmidas.

PALLAS DE SABUGUEIRO

Reutilizables, ecolóxicas, elegantes e agradables nos beizos. Así son as pallas de sabugueiro que creamos en Atalanta. Trátaas con mimo e poderás utilizalas para desfrutar dás túas bebidas favoritas

1

Antes do primeiro uso, ferver 10 minutos en auga con unhas gotas de vinagre.

2

Lavar despois de cada uso e gárdaas ben secas.

3

Conservalas nun lugar escuro, fresco e seco.

4

Despois dun tempo sen usalas, fervelas de novo.

XABOEIRAS

A tonalidade e a textura da madeira dannos tranquilidade e confort. As xaboeiras de Atalanta dotarán ao teu baño dunha intimidade e un estilo moi especiais

1

Retirar frecuentemente cun pano os restos de xabón.

2

Limpar a superficie cun pano humedecido.

3

Cada 6 meses, sacar a xaboeira do baño un par de días para retirar a humidade acumulada.

4

Cada 2 anos, repoñer o lasur co que están acabadas.