O legado e a creatividade dunha familia de artesáns
Desde principios do S.XIX, os artesáns da familia Neira especializáronse na tornería de madeira autóctona. Este legado centenario foi pasando de xeración en xeración ata chegar a Isabel e Ana Neira. Desde a selección da madeira e a elaboración dos bosquexos ata os acabados e o packeging, estas mestras artesás controlan todos os aspectos da produción das súas creacións. O taller de Atalanta é un laboratorio de ideas no que a tradición se funde co deseño de vangarda e as técnicas de moldeado da madeira clásicas conviven coas prácticas máis innovadoras. O resultado? Pezas que son pura ourivaría. Todo iso apostando polas materias primas locais, o coidado dos detalles e a elaboración de creacións que perduran no tempo.
OS PIARES DO PROXECTO ATALANTA
Tradición.
Empregamos ferramentas conservadas no noso taller desde a súa orixe.
Sustentabilidade.
Traballamos con madeira autóctona de calidade para elaborar produtos resistentes.
Deseño.
Incorporamos as tendencias de deseño máis innovadoras para idear creacións atemporales.
Artesanía.
Creamos pezas únicas, personalizadas e realizadas a man.
Autenticidade e orixinalidade fusiónanse na nosa madeira artesanal,
creando pezas que contan historias e transmiten ideas e sentimentos.
AS NOSAS CREACIÓNS
O Crebanoces da Tate Modern
Pódese conquistar un templo da arte contemporáneo desde un taller artesanal? Este crebanoces de madeira de freixo natural conseguiuno. Tate Edit, a tenda de decoración e fogar da Tate Modern Gallery de Londres, seleccionouno por ser un exemplo perfecto de que o deseño contemporáneo pode repensar obxectos cotiáns con centos de séculos de vida. Cando creatividade, simplicidade e funcionalidade van da man prodúcese a maxia.
A Nosa Tenda
Cociña
Baño
Nenos
Picnic
Envíos á península e Baleares. Para envíos a outros destinos, é necesario consultar
Consellos de conservación: unha viaxe á eternidade
Cada árbore é única. O tipo de madeira e a súa tonalidade, a configuración das vetas e os nós… Estas cuestións son claves á hora de esculpir a madeira e de coidar os produtos elaborados a partir dela. Para axudarche a que as creacións de Atalanta te acompañen durante moitos anos elaboramos unha lista de consellos de conservación sinxelos. Así, poderás conseguir que os nosos produtos manteñan a súa beleza e funcionalidade orixinais.
Trasladar á madeira as ideas das empresas
Adentrarnos noutros mundos e escoitar as ideas de persoas e negocios que desbordan talento permítennos ir un paso máis aló e deseñar novas formas de transformar a madeira.
En Atalanta traballamos xunto a empresas de múltiples sectores para deseñar pezas que dean resposta aos seus desexos e necesidades.
Tras dous séculos moldeando a madeira para espremer todo o seu potencial, somos conscientes de que a artesanía é unha suma de esforzos e paixóns.
Artesanía sostible para a cociña do mañá
Gastronomía e artesanía son dúas artes que conxugan tradición e innovación, poñen en valor as materias primas locais e reivindican a importancia das raíces nas creacións artesanais. Se compartimos os mesmos valores, por que non colaboramos para construír experiencias únicas para os amantes da gastronomía? En Atalanta estamos encantadas de traballar de xeito conxunto xunto a chefs e restauradores para deseñar pezas de madeira que enxalcen os pratos máis sorprendentes e saborosos.
Ao longo dos anos moldeamos en madeira os soños de mestres da cociña e desenvolvemos proxectos que exceden personalidade e paixón. Queres coñecer en que restaurantes pódesche atopar cos produtos de Atalanta?
LA SALITA (Valencia)
RODOLFUS (A Coruña)
SÁBREGO (Ribadavia)
CASA SOLLA (Poio)
CULUCA COCIÑA BAR (A Coruña)
Tornería ao servizo de restauradores e carpinteiros
Devolverlle ao mobiliario todo o seu lustre de outrora e contribuír á creación de espectaculares mobles son dous desafíos que nos apaixonan.
En Atalanta colaboramos con restauradores de mobles e carpinteiros poñendo á súa disposición os nosos tornos e todo o saber facer dun oficio artesán centenario.
Dotar de vida á madeira é unha arte. Ao longo dos anos levamos a cabo numerosos proxectos xunto a restauradores e carpinteiros para converter a mellor materia prima en mobles funcionais, elegantes e cheos de vida.
Historias Atalanta

Os torneiros de Berres: Onte, hoxe e mañá
Desde o século XVIII os torneiros de Berres esculpiron a madeira para elaborar pezas comercializadas no resto de Galicia e España

Proxecto SuMaS, a colaboración máis doce
Atalanta e Namoreiras puxemos en marcha o proxecto Sumas para reivindicar a tradición na artesanía e a gastronomía

Abeleda, utilidade e tradición nunha bandexa
A bandexa Abeleda está elaborada empregando a técnica tradicional dos esgrafiados da Ribeira Sacra

Pallas de sabugueiro: Reutilizables, ecolóxicas, sostibles, únicas e 100% galegas
As nosas pallas de sabugueiro son reutilizables e ecolóxicas e están feitas con materia prima de proximidade e elaboradas a man

Como facer artesanía sostible 100%. A fórmula de Atalanta
A artesanía sostible comeza na selección da madeira e remata na casa das persoas que adquiren os produtos. Vivimos nunha época dominada polos mobles e