Isabel e Ana Neira

A 7ª xeración dunha familia de torneiros dedicada a moldear a madeira desde o S.XIX

O futuro dun oficio centenario

Atalanta é o froito do legado familiar que recibimos dos nosos antepasados. Este proxecto naceu coa vocación de actualizar as técnicas que aprendemos dos mestres torneiros da nosa familia, combinándoas con procedementos innovadores. As nosas pezas conxugan a autenticidade da artesanía tradicional coa estética elegante e minimalista do deseño de vangarda. Podemos crear produtos que miran ao futuro porque a nosa forma de traballar está enraizada nunha herdanza fascinante.

De Berres para o mundo

O fogar de Atalanta atópase en Berres, unha parroquia no corazón de Galicia que chegou a acoller 30 talleres rexentados por prestixiosos torneiros da madeira. Hoxe, continuamos escribindo esta historia grazas aos marabillosos bosques que nos rodean. Empregamos tecnoloxía punteira e ferramentas tradicionais para coidar a mellor materia prima e elaborar pezas universais para empresas, restaurantes e fogares de todo o mundo.

Artesanía sostible e 100% local

Carballos, bidueiros, castiñeiros, freixos… o taller de Atalanta está rodeado de bosques conformados por árbores autóctonas que nos ofrecen madeira de excelente calidade. Diriximos persoalmente a selección da materia prima e os nosos procedementos son respectuosos cos bosques e a contorna de Berres. Á fin e ao cabo, sen a mellor madeira non poderiamos elaborar pezas excepcionais. Ademais, a nosa aposta pola sustentabilidade trasládase a todo o proceso creativo de Atalanta. Sen ir máis lonxe, aproveitamos as labras de madeira para deseñar packaging sorprendentes que transmiten os nosos valores.

«Desde un taller rural para calquera parte do mundo.
Unha visión Íntegra do produto para unha sociedade global»