Os Nosos Proxectos
Moda, alimentación, decoración… Unha materia prima tan nobre como a madeira permítenos tornear creacións perfectas para proxectos ideados desde múltiples sectores.
Ao longo dos anos, desde o taller de Atalanta colaboramos con empresas de referencia e proxectos innovadores para transformar os seus anhelos en ourivería e axudalos a conquistar o corazón dos seus clientes.
As ideas, os saberes e as experiencias doutros creadores e emprendedores impúlsannos a seguir investigando e a evolucionar o noso centenario oficio elaborando produtos fermosos, útiles e sostibles que melloren a vida das persoas.
Feiraco
En Galicia, levamos séculos creando auténticas obras de arte con madeira e leite. Por que non fusionar ambos mundos nunha única creación? No taller de Atalanta, deseñamos pratos e bandexas para Feiraco, unha empresa líder no sector lácteo español, destacando as características manchas negras da fermosa pel das vacas.
Sargadelos
O gremio dos torneiros de madeira leva séculos conxugando estética e funcionalidade. En Atalanta buscamos crear pezas que destaquen pola súa beleza, pero que resulten útiles no día a día. A partir desta idea, elaboramos dous muíños para Sargadelos, toda unha icona da artesanía galega. Os muíños Rodicio e Aspeiro xa forman parte do seu catálogo e poñen un pouco de pementa á vida de centos de fogares.
Namoreiras
Produtos sostibles, tradicionais e enraizados na herdanza rural. Esta é a esencia das creacións de Atalanta e do obrador de galletas e pastas artesanais, Namoreiras. Xuntos, lanzamos varios paquetes nos que exquisitas sobremesas están acompañadas por artigos elaborados no noso taller, como pratos, bandexas, caixas e incluso niños de paxaros e peonzas.
Bekimaya
Esculpir a madeira para transmitir aos nenos a importancia de protexer os animais en perigo de extinción. Este foi o obxectivo do proxecto que levamos a cabo con Bekimaya, unha empresa centrada en produtos de crianza sostible. Elaboramos dous conxuntos de madeira de abedul para que os máis pequenos puidesen comer con eles mentres descubrían a beleza dos animais autóctonos.
D-Raíz
Pode a madeira ser unha materia prima para a moda máis elegante e sofisticada? Este foi o desafío que asumimos xunto á marca de moda sostible D-Raíz. Creámos broches de madeira para diversos modelos de bolsos, xogando coas diferenzas de volume, texturas e formas da madeira e dos tecidos para lograr accesorios únicos.
Limbo
Perder ás persoas que amamos forma parte da vida. E, aínda que xa non estean connosco, o seu recordo acompáñanos día a día. Xunto a Limbo deseñamos unha liña de artigos funerarios orgánicos, conformada por caixiñas e miniurnas para cinzas elaboradas con madeira de bidueiro. Os nosos seres queridos son as raíces que nos ancoran á terra, mesmo cando xa non están ao noso lado.