Os Nosos Proxectos

Encántannos os retos,
non podemos evitalo. Por iso desfrutamos
de cada proxecto personalizado
que nos piden os nosos clientes.
E se nos permiten colaborar
con outros artesáns, moito mellor.
Aquí é onde desenvolvemos a
nosa creatividade a partires
do que nos pide o cliente.

Para nós non existe o concepto
“isto non se pode facer”, senón que
o substituimos por “imos darlle unha volta”.
Dende o concepto que desenvolvemos
xunto co cliente ata a realidade,
embarcámonos nun proceso creativo
que ten un punto de caótico,
de ensaio e erro, ata que xorde
a chispa de inspiración
que nos leva ao resultado final .

FEIRACO

Feiraco é unha cooperativa de 2.500 agricultores galegos altamente comprometidos
coa calidade e trazabilidade dos seus produtos cunha pegada de carbono mínima.

Querían realizar unha campaña de fidelización de clientes a principios de 2021, sorteando un lote de produtos feitos por artesáns galegos. Propuxéronnos facer uns pratos que estivesen gravados coas manchas típicas da pel da vaca. Algo semellante a esta imaxe.

1

Primeiro seleccionamos o tipo de prato e o tamaño máis axeitado para unha ilustración como a que pediron. Comezamos cun prato de 18 cm de diámetro, modelo Aire. Tendo en conta que a filosofía de Feiraco está vencellada a produtos totalmente naturais e de calidade.

2

Mentres faciamos esta mostra e organizaban o resto do conxunto con outros artesáns, xurdiu a necesidade de que levara unha bandexa e que esa bandexa tamén tivera unha ilustración con manchas de vaca e o logotipo de Feiraco.

3

Tamén querían que as pezas levaran detrás a lenda. “Atalanta para Feiraco”, polo que quedaron así.

4

Ademais do traballo de deseño e confección das pezas, tamén incluímos unha tarxeta cos consellos de conservación dos pratos que colocamos como separador entre eles ao envasalos para que non se rasquen .

5

Máis tarde empauetamos cada xogo de dous pratos cun arame cuberto de papel.

6

Cada conxunto de bandexa e pratos estaba envolto en papel e empaquetado nunha caixa de cartón reciclado.
Unha vez que tivemos a aprobación do cliente , comezou a realización das pezas, que foron entregadas en febreiro de 2021.
Moitas grazas a Feiraco por confiar en nós e darnos a oportunidade de traballar neste proxecto e por destacar o traballo ben feito dos nosos artesáns.

D-RAÍZ

D-Raíz é unha marca de accesorios de moda sostible.
Ten unha tenda física eun  taller na cidade da Coruña,
ademais dunha tenda en liña.

Feli, que sabía do noso traballo a través dun amigo común, suxeriu que lle fixeramos unhas fibelas para un bolso. Endexamais fabricaramos fornituras para roupa e / ou complementos, pero pensamos que podería ser un desafío interesante. Fíxonos un debuxo (case un garabato) para tomar como punto de partida.

1

Ao principio pensamos en facelos con taboleiro de bidueiro mariño de 15 mm de espesor e substituír o típico travesaño da fibela por un fío de cobre.

2

Non nos gustou moito este modelo e a Feli tampouco, polo que decidimos cambiar o deseño.

3

Optamos por un deseño máis grande, máis groso e de madeira, que tiña máis corpo para formar parte dun bolso.

4

Pezas cortadas e perforadas, listas para tornear.

5

Fivela no torno.

6

Pezas listas para entregar.
E así se ven as fibelas nas creacións de D-Raíz. Convidámoste a visitar o seu sitio web https://d-raiz.com/ e coñece as súas fantásticas propostas en accesorios e moda sostible e ecolóxica.

BEKIMAYA

En marzo de 2019 chamounos Alba Castro, galega residente naquel momento no País Vasco que estaba a lanzar unha web de Crianza sostenible | Kimaya (bekimaya.com). Alba, sabendo que en Galicia sempre houbera unha longa tradición na fabricación de obxectos de madeira, acababa de preguntarlle ao seu pai se non coñecía a alguén que lle puidese facer eses pequenos pratos. Casualmente o seu pai acababa de ver unha reportaxe sobre nós en La Voz de Galicia (Dibujar la madera en femenino (lavozdegalicia.es) e faltoulle tempo para dicirllo.

Alba quería facer uns pratos de madeira para nenos pero precisaba algo máis: pensaba que eses pratos deberían ter unhas ilustracións de animais, pero non as típicas xirafas, hipopótamos … que os nenos nunca atopan ao seu redor. Alba quería que esas ilustracións fosen de animais en perigo de extinción na Península Ibérica como o lince ou a lebre de Piornal. Suxerimos debuxalos cun láser sobre a propia madeira en bruto. Tamén aceptou a proposta.

1

En primeiro lugar, propuxémoslle dous tipos de pratos que nos pareceron os máis axeitadas para os nenos: o prato redondo de 16 cm de diámetro e o cadrado que estabamos a probar nese intre.

2

Coa posibilidade de que tamén tivese un conquiño encaixado no mesmo prato para froita ou auga, ambos en madeira de bidueiro cun acabado especçifico para uso alimentario.

3

Alba quería que aparecese o seu logotipo nos pratos ao igual que o noso. Na parte traseira dos pratos colocamos os dous logotipos gravados.

4

Concos en proceso de produción

5

Cuncas e pratos Kimaya preparados para rematar

6

Pratos acabados no proceso de secado

7

Pratos acabados no proceso de secado
En setembro de 2019 entregamos todas as pezas e así se ven na tenda en liña de Kimaya, que invitamos a visitar: https://www.bekimaya.com/comer

Graciñas Alba, por permitirnos participar neste fermoso proxecto. Foi un pracer.

SARGADELOS

En Atalanta teimamos na revalorización. Empregamos madeiras de proximidade, case esquecidas para o uso doméstico, coma o bidueiro. Ó tempo, redeseñamos obxetos de uso cotiá para darle unha presencia máis contemporánea.

Esta filosofía chamou a atención de Sargadelos que nos propuxo facer en madeira de bidueiro unha peza do seu catálogo. Foi así como comezou a nosa colaboración, torneando as tapas para as súas velas aromáticas.

1

Tapas para velas de Sargadelos

2

Vista superior da tapa de vela

3

Secado das tapas das velas

4

Tapas listas para enviar

SuMaS Historia dunha colaboración

No verán do 2020, nunha conversa informa, dende o obradoiro de galletas saudables Maruxío chegounos unha proposta moi interesante: María propúñanos facer uns conxuntos agasallo pensando nos regalos de Nadal con productos do seu obradoiro e do noso. Desa proposta xurdiron unha serie de conxuntos agasallo que puxemos no mercado no outono dese mesmo ano:

Ante a formidable acollida que tiveron, repetimos este ano. Mantemos a filosofía da colaboración, aportando productos. Pero desta volta as nosas propostas xiran ó redor de algo tan tradicional coma as artesas do pan actualizando o deseño e diversificando o seu uso.
Ideamos uns conxuntos de artesa e pa para a fariña (Callobre y Caaveiro) no que a tapa da artesa convértese nunha práctica bandexa coas asas de coiro: Este pack ten unha versión vegana (Callobre) e outra larpeira (Caaveiro). Conxunto Callobre

Conxuntos Outeiro e Lucenza

Bandexa coas asas de coiro, prato de madeira estarcido artesanamente no taller Amorote (Ames, A Coruña), mantel de cadros Vichy vermellos, rebolos e pastas.

Conxuntos Pintureiro e Bailadora

Bandexa coas asas de coiro, prato e conquiño de madeira de bidueiro en natural, crebanoces, mantel de cadros Vichy vermellos, rebolos. A opción vegana é o conxunto Outeiro e a larpeira o conxunto Lucenza.

Conxunto Bailadora

Conxunto Pintureiro (traseira)

As propostas desta campaña rematan cuns niños de paxaros (Pintureiro e Bailadora) con galletas de chocolate e que poden levar ben dous lapis de sabugueiro ou dúas tapas de bidueiro decoradas a man.

A colaboración SuMaS supón deixar de lado os produtos globalizados e o industrial e apostar de cheo polo local e a artesanía, poñendo en valor conceptos tan importantes coma a sostenibilidade, o saber facer, o respecto ás materias primas e ó medio ambiente.

O resultado é un produto con marca, prestixiado, con valor intrínseco e único que trata de respostar a unha demanda cansa da estandarización e que apreza e valora os produtos diferenciados.

A través desta colaboración, Atalanta e Maruxío poñen en valor a artesanía como xérmolo dun novo modelo empresarial que aposta polas cousas ben feitas e de Km 0. Estes conxuntos están pensados para utilizarse como agasallo tanto particular como de empresas. Poden mercarse a través das nosas páxinas web: