Descripción
Vaixela de madeira composta por:
*2 pratos de media ración “Mar” (16 cm de diámetro) en madeira de bidueiro
*2 fontes “Mar” de 22 cm de diámetro en madeira de faia
* 2 espátulas “Mini” en madeira de bidueiro
*2 cuncos de Ø 6,5 cm e altura 5,5 cm en madeira de bidueiro. Perfecto para conter calquera tipo de comida ou bebida. É ideal para tomar café, licores ou tamén para servir marmeladas, guacamole, patés, hummus… Conxunto ideal para un brunch de fin de semana.
Todas as pezas que compoñen o conxunto son naturais, rematadas cun verniz certificado para uso alimentario que facilita a limpeza. Consulta os consellos de conservación.
Como é un produto artesanal feito con madeira natural, as cores da madeira sempre son lixeiramente diferentes.







