Descripción
Conxunto de picnic composto por:
*1 prato Ø 16 cm en madeira de bidueiro modelo “Mar”.
* 1 cunco de madeira de bidueiro Ø 6,5 cm e altura 5,5 cm.
* 1 mantel de cadros Vichy mostaza 49 x 49 cm elaborado nun taller artesanal local.
*1 bolsa porta comida do mesmo tecido que o mantel para gardar a merenda
O prato e o cunco están rematados cun verniz certificado para uso alimentario que facilita a limpeza.
O mantel péchase cun cordón de macramé (elaborado con fibras reutilizadas) rematado con botóns de madeira de magnolio para convertelo nunha práctica bolsa. Feita en algodón 100% certificado Oeko-Tex® Standard 100.
Dimensións: Pechado 17 x 17 cm (altura con cordóns: 40 cm).









