Os Nosos Proxectos
Encántannos os retos,
non podemos evitalo. Por iso desfrutamos
de cada proxecto personalizado
que nos piden os nosos clientes.
E se nos permiten colaborar
con outros artesáns, moito mellor.
Aquí é onde desenvolvemos a
nosa creatividade a partires
do que nos pide o cliente.
Para nós non existe o concepto
“isto non se pode facer”, senón que
o substituimos por “imos darlle unha volta”.
Dende o concepto que desenvolvemos
xunto co cliente ata a realidade,
embarcámonos nun proceso creativo
que ten un punto de caótico,
de ensaio e erro, ata que xorde
a chispa de inspiración
que nos leva ao resultado final .
FEIRACO
Feiraco é unha cooperativa de 2.500 agricultores galegos altamente comprometidos
coa calidade e trazabilidade dos seus produtos cunha pegada de carbono mínima.
1
2
3
4
5
6
D-RAÍZ
D-Raíz é unha marca de accesorios de moda sostible.
Ten unha tenda física eun taller na cidade da Coruña,
ademais dunha tenda en liña.
1
2
3
BEKIMAYA
En marzo de 2019 chamounos Alba Castro, galega residente naquel momento no País Vasco que estaba a lanzar unha web de Crianza sostenible | Kimaya (bekimaya.com). Alba, sabendo que en Galicia sempre houbera unha longa tradición na fabricación de obxectos de madeira, acababa de preguntarlle ao seu pai se non coñecía a alguén que lle puidese facer eses pequenos pratos. Casualmente o seu pai acababa de ver unha reportaxe sobre nós en La Voz de Galicia (Dibujar la madera en femenino (lavozdegalicia.es) e faltoulle tempo para dicirllo.
1
2
3
4
5
6
7
Graciñas Alba, por permitirnos participar neste fermoso proxecto. Foi un pracer.
SARGADELOS
En Atalanta teimamos na revalorización. Empregamos madeiras de proximidade, case esquecidas para o uso doméstico, coma o bidueiro. Ó tempo, redeseñamos obxetos de uso cotiá para darle unha presencia máis contemporánea.
Esta filosofía chamou a atención de Sargadelos que nos propuxo facer en madeira de bidueiro unha peza do seu catálogo. Foi así como comezou a nosa colaboración, torneando as tapas para as súas velas aromáticas.
1
2
3
4
SuMaS Historia dunha colaboración
No verán do 2020, nunha conversa informa, dende o obradoiro de galletas saudables Maruxío chegounos unha proposta moi interesante: María propúñanos facer uns conxuntos agasallo pensando nos regalos de Nadal con productos do seu obradoiro e do noso. Desa proposta xurdiron unha serie de conxuntos agasallo que puxemos no mercado no outono dese mesmo ano:
Conxuntos Outeiro e Lucenza
Conxuntos Pintureiro e Bailadora
Conxunto Bailadora
Conxunto Pintureiro (traseira)
A colaboración SuMaS supón deixar de lado os produtos globalizados e o industrial e apostar de cheo polo local e a artesanía, poñendo en valor conceptos tan importantes coma a sostenibilidade, o saber facer, o respecto ás materias primas e ó medio ambiente.
O resultado é un produto con marca, prestixiado, con valor intrínseco e único que trata de respostar a unha demanda cansa da estandarización e que apreza e valora os produtos diferenciados.
A través desta colaboración, Atalanta e Maruxío poñen en valor a artesanía como xérmolo dun novo modelo empresarial que aposta polas cousas ben feitas e de Km 0. Estes conxuntos están pensados para utilizarse como agasallo tanto particular como de empresas. Poden mercarse a través das nosas páxinas web: