No verán do 2020, nunha conversa informal, dende o obradoiro de galletas saudables Maruxío, chegounos unha proposta moi interesante: María propúñanos facer uns conxuntos agasallo pensando nos regalos de Nadal con productos do seu obradoiro e do noso.
Desa proposta xurdiron unha serie de conxuntos agasallo que puxemos no mercado no outono dese mesmo ano:

Ante a formidable acollida que tiveron, repetimos este ano. Mantemos a filosofía da colaboración, aportando productos:

Pero desta volta as nosas propostas xiran ó redor de algo tan tradicional coma as artesas do pan actualizando o deseño e diversificando o seu uso. Ideamos uns conxuntos de artesa e pa para a fariña (Callobre e Caaveiro), no que a tapa da artesa convértese nunha práctica bandexa coas asas de coiro:

Conxunto Callobre
Este pack ten unha versión vegana (Callobre) e outra larpeira (Caaveiro)
A partires desa tapa convertible en bandexa, facemos outras dúas propostas:
Conxuntos Carballo e Landra.
Bandexa coas asas de coiro, prato de madeira estarcido artesanamente no taller Amorote (Ames, A Coruña), mantel de cadros Vichy vermellos, rebolos e pastas.

Conjunto Landra
Tamén eiquí temos unha versión vegana (Carballo) e outra larpeira (Landra)
Conxuntos Outeiro e Lucenza
Bandexa coas asas de coiro, prato e conquiño de madeira de bidueiro en natural, crebanoces, mantel de cadros Vichy vermellos, rebolos.

Conxunto Lucenza
A opción vegana é o conxunto Outeiro e a larpeira o conxunto Lucenza.
Conxuntos Pintureiro e Bailadora
As propostas desta campaña rematan cuns niños de paxaro (Pintureiro e Bailadora) con rebolos de chocolate e que poden levar ou dous lápices en madeira de sabugueiro ou dúas buxainas de bidueiro decoradas a man.

Conxunto Bailadora

Conxunto Pintureiro (traseira)
A colaboración SuMaS supón deixar de lado os produtos globalizados e o industrial e apostar de cheo polo local e a artesanía, poñendo en valor conceptos tan importantes coma a sostenibilidade, o saber facer, o respecto ás materias primas e ó medio ambiente. O resultado é un produto con marca, prestixiado, con valor intrínseco e único que trata de respostar a unha demanda cansa da estandarización e que apreza e valora os produtos diferenciados.
A través desta colaboración, Atalanta e Maruxío poñen en valor a artesanía como xérmolo dun novo modelo empresarial que aposta polas cousas ben feitas e de Km 0. Estes conxuntos están pensados para utilizarse como agasallo tanto particular como de empresas. Poden mercarse a través das nosas páxinas web: