Conxunto “LECER” (prato, cunco e espátula)

24,00 IVA incluido

En Stock

Conxunto “Lecer” composto por un prato de Ø 14 cm, un cunco de Ø 5,5 cm e unha espátula “Mini” de 12 cm, todo en madeira de bidueiro.

O prato ten un burato para que se axuste á base do cunco. Todos os acabados son adecuados para uso alimentario.

Como é un produto artesanal feito con madeira natural, as cores da madeira sempre son lixeiramente diferentes.

Hai existencias (pode reservarse)

Envíos gratuitos en Península e Baleares. Por favor, contacta con nós para envíos a outros destinos. O tempo normal de envío é de 24-48 horas dende que o teu pedido estea preparado. Utilizamos a viruta de madeira do torneado para protexer os produtos dentro da caixa. Non a tires! A viruta de madeira é perfecta para colocala sobre as túas macetas e conservar mellor a humidade.
SKU: CO0301AN Categoría:

Descripción

Conxunto en madeira de bidueiro composto por:

* 1 prato modelo “Air” Ø 14 cm.

* 1 cunco de madeira Ø 6,5 cm e altura 5,5 cm.

*1 Espátula “Mini” .

O prato ten un burato para encaixar a base do cunco. Deste xeito pódese levar comodamente na man sen esvarar.

Ideal para conter calquera tipo de alimento ou bebida. É ideal para café, licores ou tamén para servir marmeladas, guacamole, patés, hummus…

O prato e o cunco son de madeira de bidueiro e van rematados cun verniz certificado para uso alimentario que facilita a limpeza.

A espátula está rematada en aceite apto para uso alimentario

Lavable a man (ver instrucións de conservación)

Como é un produto artesanal feito con madeira natural, as cores da madeira sempre son lixeiramente diferentes.

Información adicional

Peso 145 g

Instrucións de conservación

PRATOS E TÁBOAS

1.- Lavar con xabón suave e esponxa (non usar lavalouza).

2.- Non cortar na superficie para non rascar.

3.-Gardaos ben secos e nun lugar sen humidade.

4.- Non os deixes nunca en auga nin sobre superficies húmidas.

Estas pezas están rematadas cun verniz específico para uso alimentario segundo o Real Decreto 847/2011 e o Regulamento Europeo no 10/2011.

ESPÁTULA.

1.- Lavar con xabón suave e esponxa.

2.- Deixala escorrer e secar cun pano.

3.-Gardala ben seca nun lugar sen humidade.

4.- Non deixar nunca sumerxida en auga nin sobre superficies húmidas.

Esta espátulas está rematadas con aceite apto para uso alimentario segundo o Regulamento europeo n.o 1907/2006, anexo II; modificado polo Regulamento no 453/2010

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies