€63,00 IVA incluido
Conxunto de 2 pratos de madeira de faia modelo “Aire” de 20 cm de diámetro e 2 cuncos de madeira de bidueiro. O conxunto vai acompañado dun mantel de raias que se pecha cun cordón de macramé rematado con botóns de madeira de magnolio para convertelo nunha práctica bolsa. O tecido do mantel procede de restos de almacén.
Conxunto de picnic composto por:
*2 pratos Ø 20 cm en madeira de faia modelo “Aire”.
* 2 cuncos de madeira de bidueiro Ø 6,5 cm e altura 5,5 cm.
* 1 mantel a raias 60 x 60 cm elaborado nun taller artesanal local.
*1 bolsa do mesmo tecido que o mantel para gardar os cuncos.
Os pratos e os cuncos están rematados cun verniz certificado para uso alimentario que facilita a súa limpeza.
O mantel péchase cun cordón de macramé (elaborado con fibras reutilizadas) rematado con botóns de madeira de magnolio para convertelo nunha práctica bolsa.
A tea (tecido de algodón e poliéster) procede de restos de almacén.
Dimensións: pechado 21 x 21 cm (altura con cordóns: 58 cm).
Peso | 625 g |
---|
1.- Lavar con xabón suave e esponxa (non usar lavalouza).
2.- Non cortar na superficie para non raiar.
3.-Gardaos ben secos e nun lugar sen humidade.
4.- Non os deixes nunca en auga nin sobre superficies húmidas.
Estas pezas están rematadas cun verniz específico para uso alimentario segundo o Real Decreto 847/2011 e o Regulamento Europeo no 10/2011.
Non usar lixivia. Non usar secadora. Lavar a 30ºC. Ferro a baixa temperatura (máximo 110 ºC)