CONXUNTO “MONTEFURADO”

64,00 IVA incluido

En Stock

Conxunto de bandeza azul cun motivo estarcido, inspirado nos esgrafiados da Ribeira Sacra con catro conquiños e madeira de bidueiro en natural . Os conquiños están rematados cun verniz apto para uso alimentario. Ideal para presentar na mesa calquera produto.

Hai existencias

Envíos gratuitos en Península e Baleares. Por favor, contacta con nós para envíos a outros destinos. O tempo normal de envío é de 24-48 horas dende que o teu pedido estea preparado. Utilizamos a viruta de madeira do torneado para protexer os produtos dentro da caixa. Non a tires! A viruta de madeira é perfecta para colocala sobre as túas macetas e conservar mellor a humidade.
Categoría:

Descripción

Conxunto formado por:

  • 1 bandexa de 30 x 20 x 2,5 cm pintada de cor azul e estarcida cun motivo inspirado nos esgrafiados da Ribeira Sacra. Asas de coiro.
  • 4 conquiños de bidueiro de 6,5 cm de diámetro e 5 cn de altura rematados cun verniz certificado para uso alimentario.
  • 2 latas de aluminio cun interior apto para conter alimentos (o que permite logo a súa reutilización como latas para o té, pastas…)

Edición limitada e numerada (30 unidades).

Os conquiños están rematados para poder conter líquidos (incluso quentes) polo que este conxunto tanto se pode usar para licores, clados, zumes… como para froitos secos, salsas, humus…

Acompáñase cunha explicación da tradición dos esgrafiados da Ribeira Sacra.

Un conxunto orixinal co que vestir a túa mesa.

NOTA: O estarcido da bandexa é un traballo totalmente manual e pode conter lixeiras imperfeccións.

Información adicional

Peso 800 g

Instrucciones de conservación

CUNCOS DE MADEIRA.

1.- Lavar con xabón suave e esponja (non usar lavalouza).

2.-Gárdaos ben secos e nun lugar sen humidade.

3.- Non os deixes nunca en auga nen enriba de superficies húmidas.

Estas pezas están rematadas cun  verniz específico para uso alimentario segundo o Real Decreto 847/2011 e o Regulamento Europeo nº 10/2011.

BANDEXA.

1.- Lavar con xabón suave e esponja (non usar lavalouza).

2.-Non deixes nunca a bandexa sumerxida en auga.

 

 

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies