CONXUNTO “MONTEFURADO”.

65,00 IVA incluido

En Stock

Conxunto de bandexa azul cun motivo inspirado nos esgrafiados da Ribeira Sacra acompañado de catro pequenas cuncas de madeira de bidueiro natural. Os cunquitos remátanse cun verniz apto para uso alimentario. Ideal para presentar na mesa cakquera produto

Hai existencias (pode reservarse)

Envíos á Península e Baleares. Póñase en contacto connosco para envíos a outros destinos. O tempo de envío normal é de 24 a 48 horas desde que se prepara o seu pedido. Usamos viruta de torneado de madeira para protexer os produtos dentro da caixa. Non o tires! As fichas de madeira son perfectas para colocar enriba das túas macetas para conservar mellor a humidade.
SKU: MONTEFURADO Categoría:

Descripción

Conxunto formado por:

  • 1 bandexa de 30 x 20 x 2,5 cm pintada de cor azul e estarcida cun motivo procedente dos esgrafiados da Ribeira Sacra. Edición limitada e numerada (30 unidades). Asas de coiro.
  • 4 cuncas de madeira de bidueiro de 6,5 cm de diámetro e 5 cm de alto acabadas cun verniz certificado para uso alimentario.
  • 2 latas de aluminio cuxo interior é apto para conter alimentos (o que permite posteriormente reutilizalos como latas de té, pasta…)

Os cunquiños están acabados para conter líquidos (incluso quentes) polo que este xogo pódese utilizar para licores, caldos, zumes… así como para froitos secos, salsas, hummus…

Acompáñase dunha explicación da tradición dos esgrafiados na Ribeira Sacra.

Un conxunto orixinal co que vestir a túa mesa.

NOTA: O estarcido da bandexa é un traballo completamente manual e pode conter leves imperfeccións.

Información adicional

Peso 800 g

Instrucións de conservación

CUNQUIÑOS.

1.- Lavar con xabón suave e esponxa (non usar o lavalouza).

2.-Gárdaas ben secas e nun lugar sen humidade.

3.- Nunca as deixes na auga ou sobre superficies molladas.

Estas pezas están rematadas cun verniz específico para uso alimentario segundo o Real Decreto 847/2011 e o Regulamento Europeo nº 10/2011.

BANDEXA.

1.- Lavar con xabón suave e esponxa (non usar o lavalouza).

2.-Non somerxa a bandexa na auga.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies