A cabeceira da tenda en liña TOAST reza o seguinte:
“TOAST quere amosar un xeito de vida máis lenta, reflexiva e consciente poñendo en valor a artesanía, compartindo coñecementos e mellorando ás comunidades sobre as que actuamos coas nosas accións”.
Esta é a súa filosofía.
Con 20 tendas físicas repartidas por todo o Reino Unido e unha fantástica páxina web con tenda en liña, TOAST leva 20 anos colaborando con artesáns de diferentes partes do mundo (Xapón, India, Italia ou Escocia) para crear tecidos, e artigos para o fogar fermosos e orixinais. Nas súas coleccións prestan moita atención ós detalles, contando a historia que hai detrás de cada obxeto.
Na súa procura de novos produtos e propostas cruzáronse con nós e o crebanoces rouboulles o corazón!.
A nosa filosofía, o feito de traballar a madeira a través dun oficio tradicional coma o torneado, os deseños e a utilidade das nosas pezas, a súa sinxeleza, os seus acabados….todo encaixaba á perfección coas súas necesidades. Foi coma un amor a primeira vista
Preparamos así una pequena tirada de crebanoces en freixo e bidueiro con destino ó Reino Unido.
Para o envío deseñamos unha embalaxe individual e específica con cartón ondulado e arame recuberto de papel.
Dende hoxe xa se poden mercar na súa tenda en liña. Un agasallo fermoso e útil perfecto para estas dastas de Nadal
Foi moi sinxelo e agradable traballar con eles. Agardamos desenvolver xuntos novos proxectos nos que amosar a beleza do sinxelo (a nosa teima no día a día).