Neste comezo de ano, moitos de vos teredes alguna das pezas Atalanta nas vosas casas. Mil grazas pola grande acollida que tiveron as nosas propostas de agasallos.

Imos adicar este primeiro post do ano a darvos uns consellos para coidalas e para que vos duren moito

As pezas que facemos son de bidueiro, freixo e faia e tamén de taboleiro mariño de bidueiro. Os consellos de conservación están condicionados polo material de cada peza así coma polo tipo de acabado aplicado.

Comezaremos a falar da artesa que foi, sen dúbida, a estrela do pasado Nadal. Moitos de vós rendédesvos aos encantos dunha peza que, ao tempo que nos lembra ás avoas que fan o pan, permítenos servilo na mesa.

Como saberedes os que xa a esteades disfrutando, está feita de taboleiro mariño e a tapa-bandexa ten as asas de coiro. Inclúe tamén unha pa de fariña de bidueiro que se remata cun verniz certificado para uso alimentario, igual que a artesa.

Imos cos consellos de limpeza e conservación:

A base da artesa pódese lavar con auga e xabón e unha esponxa suave como a pa da fariña. En canto á tapa da bandexa, ao ter asas de coiro, é recomendable limpala cun pano húmido, sen metela debaixo da auga corrente, para non danar o coiro nin os parafusos.

Estes consellos de conservación son tamén aplicables ós pratos e as táboas e, para que os teñades sempre á man, en Atalanta preparamos unhas fichas ben xeitosas:

PRATOS, TÁBOAS E CUNCOS

Feitas en bidueiro, faia, castiñeiro ou taboleiro mariño, comezan a formar parte do “fondo do armario” das vosas casas.

consellos para pratos, táboas e cuncos

CREBANOCES

Corpo de freixo e parafuso de bidueiro, esta peza é un clásico contemporáneo.

consellos para conservar un crebanoces de madeira

XABOEIRAS

Engadíronse ao noso catálogo o ano pasado. Están feitas en madeira ou taboleiro mariño de bidueiro e rematadas cun produto específico para o ambiente húmido do baño que permite que a madeira “respire”.

consellos para conservar as xaboeiras de madeira

ROLOS E ESPÁTULAS

Feitas en madeira de faia (os rolos) e de bidueiro (as espátulas), son un elemento práctico e imprescindible na cociña.

Ci¡onsellos para conservar rolos e espátulas de madeira

PALLAS REUTILIZABLES DE SABUGUEIRO

A proposta máis natural e biodegradable para substituír as dun só uso.

Consellos para conservas as pallas de sabugueiro