En Atalanta Madera encántannos os batidos e dos zumes de froitas pero o uso de pallas dun só uso non vai coa nosa filosofía.

Traballamos, na medida do posible, con provedores locais, madeira de produción sostible, acabados respectuosos co medio ambiente e redución da produción de refugallos.

Empregamos unha parte das labras de madeira xeradas ó tornear para embalar os nosos produtos, conseguindo así unha presentación moi persoal ao tempo que as pezas van moi protexidas de posibles golpes no transporte. Deste xeito reducimos a pegada ecolóxica e evitamos o uso de plástico.

No noso día a día propoñemos novos usos para a madeira creando obxectos versátiles. Normalmente, a solución a estes desafíos está ante os nosos ollos.

Despois de rexeitar moitas propostas, realizar estudos e probas, atopamos a solución ideal:

MADEIRA de SABUGUEIRO (Sambucus Nigra).

O saúco forma parte da cultura popular galega. Ata non hai moito era un arbusto case indispensable nas nosas casas polos seus usos culinarios e medicinais.

É abundante no noso medio e ten unha gran rexeneración anual, ideal para o noso propósito.

Unha das principais características das ramas de sabugueiro é o seu centro mol. De feito, os nenos usárono para facer os seus propios “tira tacos” (¡precursores das “cervatanas” feitas cos bolígrafos Bic dos anos 80!).

Aproveitando esta característica única do sabugueiro, no momento da poda, recollemos as pólas co grosor axeitado e comezamos o proceso de elaboración das pallas:

CORTAMOS

BALEIRAMOS O INTERIOR

Baleirando pallas de sabugueiro

ESTONAMOS

LIXAMOS

Lixando as pallas de sabugueiro

CURAMOS

ESTERILIZAMOS

Deste xeito conseguimos pallas únicas, reutilizables, ecolóxicas, sostibles e cunha materia prima 100% galega!

Todas son diferentes! xa que están feitas a man respectando a forma da póla da que proceden.

Miden 14 cm de lonxitude (esta é a distancia máis frecuente entre nós nun crecemento) e espesores que oscilan entre os 9 e os 14 mm.

Bolsa de algodón orgánico con pallas de sabugueiro

Están dispoñibles na nosa tenda online nunha práctica bolsa de algodón orgánico cun cepillo pequeno para facilitar a limpeza.

Para prolongar a súa vida útil, elaboramos os seguintes consellos de conservación .

Queres saber máis sobre o sabugueiro ?