Despois dunha conversa no verán de 2020 con María de Maruxío (taller de galletas saudables) , xurdiu a idea de ofrecer aos nosos clientes propostas de agasallos artesanais, ricos, saudables e locais.

Así naceu o proxecto SuMaS

As propostas tamén debían cumprir coa filosofía de residuos cero, polo que todas as pezas que compoñían cada conxunto tiñan que ter, cando menos, unha segunda vida.

Con estas premisas, no outono dese mesmo ano saíron á luz os primeiros packs SuMaS.

Peneiras e niños de paxaro serviron de embalaxe para estas primeiras propostas

Estes primeiros packs tiveron unha grande acollida , polo que este ano decidimos repetir a experiencia incorporando novos obradoiros ao proxecto SuMaS.

Nesta segunda edición o fío condutor é a autosuficiencia e a versatilidade.

A tradición, a soberanía alimentaria e a importancia de saber o que comemos inspirounos.

Foto: Patricia Figueiras

A primeira proposta para este 2021 son os conxuntos Caaveiro e Callobre .

Conxunto Caaveiro
Conxunto Callobre

Nestes conxuntos a protagonista é unha artesa con alma urbana de dimensións aptas para calquera cociña moderna. O seu deseño permitiranos amasar dentro, empregala para levedar o pan ou gardalo unha vez cocido. A máis, a súa tapa extraíble permitiranos utilizala como bandexa.

O conxunto está composto por:

 

Como todos os artigos que elaboramos, a artesa e a pa teñen un acabado apto para o contacto cos alimentos o que facilita a súa limpeza e conservación.

Podemos escoller entre unha versión vegana con rebolos de avea e pastas de té con marmelada de sabugueiro (Callobre) ou larpeira con rebolos de abelá con pepitas de chocolate e pastas de té de anacardos con chocolate (Caaveiro)

A tapa da artesa é a base para outros 4 conxuntos de SuMaS:

Carballo e Landra

Nestes conxuntos, a bandexa de taboleiro mariño de bidueiro con asas de coiro de Elena Ferro vai acompañada de:

Podemos escoller entre unha versión vegana con rebolos de avea e pastas de té con marmelada de sabugueiro ( Carballo ) ou larpeira con rebolos de abelá con pepitas de chocolate e pastas de té de anacardos con chocolate ( Landra )

A bandexa está rematada cun verniz de calidade alimentaria que facilita a súa limpeza.

Lucenza e Outeiro

Nestes conxuntos, a bandexa de taboleiro mariño de bidueiro con asas de coiro de Elena Ferro vai acompañada de:

  • Prato e cunca de madeira de bidueiro
  • Crebanoces en madeiras de freixo e bidueiro
  • Mantel de cadros Vichy vermellos 100% algodón feito por Nobelo a nobelo
  • Rebolos de Maruxío

Podemos escoller entre unha versión vegana con rebolos de avea ( Outeiro ) ou larpeira con rebolos de abelás con chispas de chocolate ( Lucenza )

A bandexa está rematada cun verniz de calidade alimentaria que facilita a súa limpeza.

Os niños de paxaro repiten dentro das propostas de SuMaS 2021

Pintureiro e Bailadora

Son un regalo creativo, consciente do medio ambiente e saboroso.

Están feitos de taboleiro e conteñen rebolos de chocolate no seu interior.

Como están feitos en madeira crúa, sobre eles pódese debuxar, pintar… e coa axuda dunha sinxela alcaiata, colgar das árbores para que nela aniñen os paxaros.

Vai acompañado dun par de lapis de sabugueiro ( Pintureiro ) ou 2 trompos decorados a man ( Bailadora )

A última proposta son uns sinxelos agasallos de Nadal:

Mega galleta do Apalpador e bolas de Nadal
Turrón de chocolate vegano e bolas de Nadal

As ilustracións foron creadas por Aldara Rodríguez