ATALANTA NA MESA DOS MELLORES CHEFS

Estamos moi contentas (e orgullosas) de que algúns dos mellores restaurantes de Galicia elixiran parte das nosas pezas para presentar os seus pratos. Todas e cada unha das suxestións destes profesionais axudáronnos a mellorar o deseño dos produtos que che ofrecemos. Para nós son máis que clientes: son colaboradores.

A continuación presentamos a lista de restaurantes nos que che servirán algunhas das súas creacións culinarias coas nosas pezas de madeira feitas a man.

Pezas de A Casa dos Xacobes feitas por Atalanta

A CASA DOS XACOBES (Santiago de Compostela)

Despois de aparecer nun especial de “La Voz de Galicia” sobre os agasallos suxeridos para o Nadal de 2018 ( Los platos de madera viajarán a Japón (globalgalicia.org) Recibimos a chamada de María José Ramil. Os nosos pratos de cores eran  perfectos para o que ela e o o seu fillo querían propoñer en “A Casa dos Xacobes”. Encaixaban tanto estética como filosóficamente. A partir dese intre sempre contaron con nós á hora de presentar as súas propostas. Incluso deseñamos e fabricamos pratos para a súa participación no certame Santiago (é) tapas 2019, onde resultaron gañadores nunha das categorías nas que participaron.

Instagram: @casa_dos_xacobes

Prato do pan en Bido Restaurante

BIDO (A Coruña)

Juan Crujeiras coñeceu os nosos pratos Aire na primeira edición de Artesanía no prato (Santiago de Compostela). Foi un “amor a primeira vista”, ademais BIDO é outro dos nomes que a madeira de bidueiro ten en galego e coa que se elaboran a maioría dos nosos pratos. Uns meses despois as nosas pezas vestiron as súas mesas.

Sitio web de BIDO: https://bidorestaurante.es/

Pratos de madeira Atalanta en Boketé

BOKETÉ Catering & Wedding (A Coruña)

Boketé foi o noso primeiro cliente profesional.

Cando Taky (Javier Rodríguez Ponte) nos atopou, estaba a buscar  menaxe diferenciado para ofrecer aos seus clientes.

Coñeciámolo por ser un dos fundadores do Grupo Nove, un grupo formado orixinalmente por 9 cociñeiros adicados a difundir e promover a riqueza cultural galega a través da gastronomía, dentro e fóra de Galicia, onde segue a ser o único dedicado exclusivamente ao catering.

Aínda que nun principio buscaba un prato de madeira para o pan, acabamos ofrecéndolle unha peza versátil que lle permitiu empregala tamén coma porta servilletas no amplo abano de eventos que organizan a diario.

Traballar con el sempre é un plus de enerxía e un desafío.

Web: http://www.bokete.net/

Pezas de Atalanta Maderas no Restaurante Casa Solla

CASA SOLLA (Poio)

Unha tarde de primavera de 2016 soou o teléfono e no outro extremo da liña telefónica escoitei:

-Isabel ?,

-Si, son eu

– Son Pepe Solla. ¿Sabes quen son?

Despois dunhas décimas de segundo de incredulidade e unha resposta positiva pola miña parte, Pepe comezou a contarme o seu novo proxecto en Madrid. Sería un restaurante con sabor galego e chamado “Atlántico”. Vira os nosos pratos Aire o verán anterior e parecíalle que encaixarían perfectamente neste proxecto. Ademais, o feito de ter un acabado apto para uso alimentario permitíalle empratar directamente sen ter que empregar papel vexetal como era a norma nese momento.

Así comezou a nosa relación con Pepe Solla, un chef con estrelas pero moi cariñoso e de trato próximo.

Web: https://www.restaurantesolla.com/

Prato de madeira modelo Mar para tortilla.

CULUCA COCIÑA BAR (A Coruña)

A primeira visita ao Culuca para amosarlles as nosas pezas foi tan rápida como encantadora: Chisco tiña moi claro o que lle gustaba e o que non , encantábanlle os nosos pratos con acabado natural pero parecíanlle demasiado planos para a súa fantástica tortilla de Betanzos (un tipo de tortilla que ten o ovo moi líquido) polo que nos preguntou se poderiamos facer o prato máis fondo. Desa necesidade xurdiron os pratos modelo Mar: un prato moi delgado e lixeiro pero un pouco máis profundo que o modelo Aire (o noso primeiro modelo de pratos de madeira).

Esa primeira visita deu lugar a outras pezas e moito máis: unhas táboas de degustación, uns repousa cubertos, unhas espátulas … e seguimos engadindo.

Web: www.culuca.com

Táboa degustación de Fire Capitano feita por Atalanta

FIRE CAPITANO (A Coruña)

Unha coincidencia profesional fíxonos coñecer a Javier Corrochano e o seu establecemento. A nosa facilidade para adaptarnos ás necesidades de cada cliente e a súa para ter claro o que necesitaba fixo o resto. Buscaba unhas táboas degustación que tivesen unha canle todo ao redor e o logotipo do establecemento. Despois dun par de probas e outras tantas correccións, chegou o deseño final. Unha peza versátil que serve para presentar tanto un almorzo como unha comida. Desafío conseguido.

Web: www.firecapitano.com

Atalanta en restaurante La Salita

LA SALITA (Valencia)

Bego Rodrigo chegou ó taller da man doutro cliente e, como nos pasa ás veces, tivemos a sensación que nos visitaba unha amiga de vello.

Ela tiña moi claro o que precisaba e nós podíamos facelo: Pezas contundentes, sinxelas e atemporais.

Foi así coma Atalanta Madera entrou a formar parte do fondo de armario de La Salita Restaurante á hora de vestir as súas mesas.

O resultado, sinxelamente, espectacular.

Instagram: @lasalita_rte

Táboa degustación Atalanta en madeira de cor de berenxena con cuncas a xogo en Nana Pancha

NANA PANCHA TAQUERÍA (A Coruña)

No 2018, a III edición dos premios Incitus (que valoran proxectos que proporcionan unha maior innovación, creatividade e emprendemento no sector da hostalería en Galicia) recaeu no proxecto da cantina mexicana Nana Pancha da Coruña. Cando vimos a noticia no xornal pensamos que os nosos pratos de cores tiñan que quedar moi ben nun restaurante mexicano. Non o  dubidamos e puxémonos en contacto con Ana Elorza, a propietaria deste establecemento. Despois duns días citounos nel (que aínda estaba en construción) para ver as pezas. A decisión foi inmediata: os pratos que mellor lle encaixaban eran os de 20 cm en laranxa, verde e berenxena.

A partir de aí integraron outras pezas nosas nas súas presentacións, como os conquiños de cores. Un auténtico espectáculo visual.

Fotografía: Carlota Fariña

Web: www.nanapancha.es

Pezas de restaurante O Balado de Atlanta Madera

O BALADO DE MARTA E ROBERTO (Boqueixón)

Marta e Roberto teñen unha casa labrega onde viven e traballan.

Na súa filosofía de traballar con produtos de km. 0, buscaban artigos para o fogar. O noso taller está a só 12 km deles e a madeira é un dos materiais que máis aprecian.

Deixamos a visita a O Balado coa sensación de que os coñeciamos toda a vida, coma se algún vellos amigos se acercaran a nós. Suxerímoslles pratos cadrados, cuncas e táboas degustación que usan a cotío.

O seu bo traballo foi recoñecido cunha Estrela Michelín Verde.

Web: http://www.obalado.com/

O Lagar da Estrella cuncas e táboa de Atalanta Madera

O LAGAR DA ESTRELLA (A Coruña)

Este foi o caso típico no que o boca a boca fai que un cliente che traia outro. No verán de 2019 recibimos a chamada de Álvaro Gantes (cociñeiro deste restaurante). Un cliente noso déralle o número de teléfono cando preguntou por alguén que fixera uns pratos de madeira. Quería que pasásemos pole seu restaurante para ver as nosas pezas.

Na primeira visita xa nos decatamos do tipo de pezas que se axustaban mellor e puxémonos mans á obra. Chegaron ás mesas de O Lagar da Estrella un conxunto de pratiños para o pan  e uns repousacubertos.

Máis tarde, ampliamos a gama das nosas pezas alí: un prato para unha “cheesecake”, unhas táboas de degustación cunha espátula e un conco pequeno …

Web: www.olagardaestrella.com

Táboa degustación artesanal de San Coffee feita por Atalanta

SAN COFFEE (Vigo)

Na nosa segunda participación na feira Etiqueta Negra  (Pontevedra), descubrimos dous empresarios que buscaban un dos artigos que estabamos a presentar na feira: táboas degustación personalizadas.

Despois de coñecer as súas necesidades, presentámoslle un conxunto de táboas personalizadas nas que servir os seus cafés, almorzos e tartas especiais. Parécenos que estas táboas representan perfectamente o espírito do lugar.

Web: https://sancoffeevigo.com/

Biscoito de cortesía en prato Atalanta

CAFÉ VENECIA (Santiago de Compostela)

Óscar de Toro, barista profesional e dono do Venecia, estaba cambiando o menaxe no que servir os petiscos de cortesía cos que agasalla aos clientes do seu local. Para iso, pensou en empregar pezas amparadas baixo a marca Artesanía de Galicia. Comezou cunhas cuncas de cerámica nas que serviría os callos e buscando outro xeito de presentalas, pensou en nós.

Unhas táboas con burato foron a nosa proposta para poder levar os callos, a culler, a servilleta e o pan á vez. Despois viñeron as táboas para as tostadas e un mini prato para o biscoito de cortesía.

Con Óscar é moi doado traballar!

Instagram: @ venice.cafe