ARTESANÍA SOSTIBLE

Elderwood Straws Artesanía Sostible
As palletas de saúco, unha alternativa duradeira e sostible ás palletas de plástico, envasadas nunha bolsa de algodón orgánico
Retacos de madera Atalanta Madera Artesana

MADEIRA DE PROXIMIDADE E CERTIFICADA

Procuramos utilizar madeiras do noso entorno máis cercano. Tendo madieras excelentes a puocos pasos do noso obradoiro, para que imos traela doutro sitio e contaminar máis co seu transporte?. En moitos casos utilizamos para pezas pequenas madeira procedente de podas ou que polo seu tamaño non se pode utilizar noutras industrias e sería desbotada. E cos los recortes que nos sobran facemos pezas máis pequenas. Intentamos xerar a menor cantidade posible de residuo.

Ademáis, as madeiras que usamos proveñen de explotacións madereiras con certificación de sostibilidade. Os nosos devanceiros explotaron a madeira durante séculos sen facer dano ao bosque, e nós seguimos o seu exemplo. Queremos que o noso entorno siga a ser o mesmo durante moitos séculos máis. A nosa pegada non pode ser a deforestación, senón unha relación sostible coa natureza.

 

 

A nosa proposta (3)

¡AQUÍ NON SE TIRA NADA!

Reutilizamos todo o que podemos e axudamos aos nosos clientes a facelo. Os nosos envíos van protexidos coas labras de madeira que xeneramos no torneado, que ademáis pódense usar despois no xardín ou nunha maceta para manter a humidade da terra e evitar o crecemento de malas herbas sen usar herbicidas. No noso packaging usamos tela, preferiblemente de algodón orgánico ou tea sobrante da industria textil, redes de pesca reutilizadas… e o que se nos ocurra que poida ser útil para que o cliente non teña que tiralo. O mellor residuo é o que non se xera.

1.- VA0204NC (a)

PEZAS FEITAS PARA DURAR

O noso  enxoval de cociña leva un tratamento apto para uso alimentario, que facilita a súa limpeza, permite o seu uso directo con alimentos e garante que, se as coidas, as nosas pezas duren moito tempo. O uso intensivo que fan delas os restaurantes cos que traballamos así o acredita. Non creamos utensilios de usar e tirar ou que se estropeen despois de poucos usos. Ti decides se paga a pena  pena pagar un poco máis por ter en casa unha peza que durará moitos anos.