NOSOTRAS

NOSOTRAS

Somos Isabel e Ana Neira, a 7a xeración da nosa familia adicada á torneiría artesanal de madeira

TRADICIÓN FAMILIAR

Atalanta Madera somos Isabel e Ana Neira, dúas irmás herdeiras dunha longa tradición familiar no torneado artesanal da madeira na parroquia de Berres na Estrada (Pontevedra). Crecemos escoitando historias sobre tornos, madeira, pezas … e o oficio prendeu en nós. Entre os dúas facemos todo o que podes ver nestas páxinas: o deseño, o torneado, o acabado de cada obxecto, idear os distintos tipos de envoltórios e incluso parte das fotos.

Obradoiro e procesos (8)

INNOVANDO DENDE A TRADICIÓN

Partimos da base da nosa tradición familiar no uso do torno en diferentes tipos de pezas e, facendo unha lectura actual e comprometida coa sostibilidade do medio ambiente, chegamos a pezas das que se pode gozar en calquera parte do mundo: o mesmo serven para degustar un prato típico da nosa gastronomía que para un da cociña xaponesa ou un brunch en New York. Liñas sinxelas para pezas atemporais.

TRABALLO ARTESANAL DE COMEZO A FIN

Nestes tempos de superespecialización en moitas profesións, recuperamos o espírito renacentista do artesán que xestiona todo o proceso de produción: supervisamos a madeira que empregamos, escollendo as de proximidade e de cortas controlados, preparamos os bosquexos das pezas e afinamos a realización das mesmas, seleccionando os acabados ideais para cada uso (sempre tratando de que sexan o  máis naturais posibles) e aproveitamos para o embalaxe elementos que ata o de agora se tiraban, como as labras.

Fotos xerais (2)

SEN LÍMITES

Encántanos os retos, doutro xeito non estariamos aquí. Manter e actualizar un oficio artesanal tradicional xa é un reto en si mesmo, pero imos máis alá. Emprendemos proxectos de colaboración con outros artesáns, elaboramos pezas especiais baixo pedido e sempre estamos a pensar en novos deseños para dar vida ao máis natural e sostible dos materiais que a natureza nos ofrece.

Dende un obradoiro rural a calquera parte do mundo.

Unha visión integral do produto para unha sociedade global

QUERES SABER MÁIS?

artesán artesanal tornear a madeira
Pezas feitas por 3 xeracións: cabalo de madeira feito polo noso avó, bola e fuso feito polo noso pai e cascanueces feito por nós

A NOSA HISTORIA

A torneiría leva máis de 200 anos vencellada á nosa familia. Contámosche un pouco sobre a historia familiar á que debemos ser o que somos hoxe

Obradoiro e procesos artesanais tradicionais da madeira
Ferramentas tradicionais para o torneado de madeira que gardamos no noso taller. Non sabemos a idade dalgúns deles, pero sabemos que o noso avó xa os usou.

A TORNEIRÍA DE MADEIRA EN BERRES

A nosa pequena aldea é o berce dunha longa saga de artesáns torneiros vencellados á industria do moble durante séculos.

Artesanía en madeira torneada natural Galicia
O río Ulla, fronteira natural entre as provincias da Coruña e Pontevedra, ao seu paso por Berres rodeado dun exuberante bosque de ribeira

SOSTIBLE E RESPONSABLE

Temos a grande sorte de traballar rodeadas dun entorno natural único. Coidalo e axudar aos demais a coidalo é unha responsabilidade ineludible para nós

Pezas de Atalanta Maderas no Restaurante Casa Solla
Concos de madeira torneados feitos por nós para o Restaurante Casa Solla, onde Pepe Solla presenta auténticas obras de arte culinaria (imaxe cortesía de Pepe Solla)

NA MESA DOS MELLORES CHEFS

Para nós é unha honra que algúns dos grandes cociñeiros galegos e doutras zonas elixiran os nosos produtos para presentar as súas creacións culinarias.