UA-136580533-1
Viruta bidueiro

Non é fácil  expresar o que significa Atalanta Madera Artesana e as súas creacións.

Quizais a nosa paixón polo torno. Xogar coas formas, a madeira, as cores…

Compartir por igual a  ilusión dun amante da gastronomía e dun chef con Estrela Michelín.

Gústanos pensar que as nosas pezas fan viaxes de ida e, ás veces, tamén de volta. Creando un mapa de emocións que conectan Londres con Compostela, Sarria co Xapón…

Dialogando coa galería de arte e coa tradicional lareira. Co  queixo de tetilla e co sushi.

Despois de sete xeracións de torneiros, seguimos unindo tradición e modernidade a 2.500 r.p.m