UA-136580533-1

¿Cómo empezou todo?

¿Cómo empezou todo?

Todo empezou cun cordel. O que unía unha vara de madeira chantada na parede cun  pedal e

á súa vez, abrazaba un anaco de madeira.

Así, xirando á media volta, os anacos rectangulares de madeira convertíanse en patas, mangos, balaústres…

Esa é a esencia dun torno de madeira e na nosa familia fai sete xeracións que a coñecemos.

Durante a invasión napoleónica xa había un torneiro na casa de “Xan de riba”. Pero esa é outra historia que tamén merece ser contada

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *