UA-136580533-1

A lenda urbana do “sacacorchos” da Tate

A lenda urbana do “sacacorchos” da Tate

Hai uns días, visitou o taller Javier Benito de La Voz de Galicia. Quería a miña axuda para escribir un artigo sobre a tradición torneira na miña familia e, por extensión en Berres.

Da nosa conversa saíron varios episodios curiosos:

  •  un devanceiro axusticiado polos franceses
  •  as primeiras casa con luz eléctrica xenerada cos tornos

Pero, sobre todo, seguiu medrando unha lenda  urbana:
O SACACORCHOS DA TATE.

Sen saber cómo nin porqué (Javier asegura que na última revisión do texto NON aparecía) no artigo apareceu, por dúas veces, a palabra sacacorchos no canto de crebanoces para facer mención a unha das miñas pezas e pola  que  sinto grande fachenda. Un pequeno cilindro en madeira de freixo e que loce dende fai pouco máis dun ano na  Tate Edit de Londres.

A lenda urbana do sacacorchos de freixo medra, xa que é a segunda vez que sae publicado no xornal.

Ben pensado, se Cunqueiro imaxinou unha frauta de pedra que sonaba, tal vez pouda facer un sacacorchos de madeira. Quen sabe.

Podedes ler a nova completa na ligazón Dibujar la madera en femenino

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *